MENU

Tramas de Vimbio

Intervención en el espacio de la Plaza de San Benito de O Porriño.
Jornada de presentación, visita divulgativa al cultivo de mimbre,  exposición de cestería tradicional y proyección documental: Historia, Tradición, Innovación.

Concepto, diseño y producción.

2020

 

TRAMAS DE VIMBIO

ACHEGA Á CESTERÍA

HISTORIA. TRADICIÓN. INNOVACIÓN.
Este pequeno documental propón unha viaxe pola historia recente da cestería. Comeza cunha escolma de imaxes do arquivo fotográfico do Porriño nas que se pode apreciar a importancia que tiveron os cestos na vida cotiá da primeira metade do século XX. Fotografías de mercados, romarías, feiras de gando e retratos onde o cesto ocupa un lugar humilde pero funcional.
Continúa unha entrevista a Josefa Souto, unha das poucas cesteiras tradicionais que conservan viva a esencia do oficio, combinado cas labores agrícolas e gandeiras nunha economía rural, facendo cestos para a froita e as patacas con vimbio do país.
Para rematar, acompaña a Julia de la Cal, cesteira do Porriño, facendo unha serie de pezas contemporáneas de cariz experimental que forman a intervención escultórica Tramas de vimbio, contedores de historias. Este conxunto, realizado integramente con fibras vexetais, foi exposto na contorna da capela de San Bieito co gaio das festas de 2020, marcadas pola pandemia da Covid-19.
A proxección ven acompañada polo resumo da xornada Tramas de vimbio. Achega á cestería, que consistiu nunha visita divulgativa ao cultivo de vimbio de Julia de la Cal, onde se fixo o parladoiro Das vimbieiras ás cestas e tamén unha charla de Marcelo Rodríguez: Vexetación e diversidade de ecosistemas. A Praza de San Sebastián acolleu unha exposición fotográfica e mostra de cestería tradicional. A xornada rematou coa a demostración de cestería contemporánea de Julia de la Cal, na que completou unha das pezas que formaban a intervención no espazo de San Bieito.

 

Fotografía: Besta Cameras | Samuel Ortiz Lois